Producción nas Festas de Sada 2011

noviembre 17. 2011, under Novedades, Sin categoría with No Comments

O pasado verán 2011 celebrouse na localidade de Sada o Festival Rock,San Roquerock. A producción completa do evento foi realizada pola nosa empresa HT Produccións, dende a montaxe do escenario,ós equipos de luces e son,ós camerinos, ós técnicos especializados, ós vixiantes,etc para que todo estivese perfecto para acoller ás bandas que participaban no festival. Algún dos grupos que pasaron polo escenario do festival rock foron Dark Paradise, Los Santos, Room51,Ruta 77, Eotem, Capitán Morgan, Stados Alterados, Doctor Snob,TST, e Marful que por causa da choiva a súa actuación tivo que ser trasladada á Casa da Cultura onde os técnicos de HT levaron todo o necesario para a montaxe neste novo emplazamento sen nengún tipo de problema.
Ademáis do festival rock, os veciños de Sada poideron desfrutar doutras actuacións como as da Banda Municipal ou o Concerto de Habaneiras que tiveron moito éxito de público.
Tras estes eventos todavía quedaba un oco para máis música co festival rockabilly do sábado 20 no que actuaron o veterano cantante de Gales Crazy Cavan acompañado por varios grupos locais deste mesmo estilo de rock´n roll como foron os Hound Dogs, Gatos Locos, Faraones ou Honky Tonkin´Boozers.
A nosa producción remataría cos concertos de Sadautor que este ano se realizou baixo unha carpa que foi moi ben agradecida tanto polos artistas coma polos asistentes,puidemos escoitar a Pedro Alisedo, Fuco Xavier,Danieme,Robert Pier e máis a Paris Joel que no seu blog parisjoel.blogspot.com vos contará os que estedes interesados como se desenrolou a gala.
Vémonos o vindeiro ano!
Aquí podedes observar ó traballo realizado por HT Producciones:


Habaneras


actuación da banda de música


escenario montado e preparado

montaxe escenario,luces e son no festival San Roquerock 2011